miércoles, 21 de enero de 2009

Antropoloxía


O alumnado de antropoloxía do IES Pintor Colmeiro está facendo un traballo de campo polas terras de Trasdeza. Andan preguntando polas parroquias do concello por aqueles oficios que xa están case no esquecemento. Coñeces algún home ou muller do concello que destacou pola súa habilidade nalgún eido do saber tradicional? Ponte en contacto con nos para que poidamos entrevistalo e recoller parte da súa sabedoría.
Tamén podes colaborar enviando a túa pequena aportación antropolóxica ao enderezo:

revistaasferreiras@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario